- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Quintáns
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Durante o curso de rehabilitación que se desenrolou en Rianxo no ano 2017, un grupo de traballo localizou, no lugar de Quintáns, a casa do Arcebispo Álvaro Núñez de Isorna. Este grupo estaba composto por Alba Castrillón, arquitecta técnica pola Universidade da Coruña; Julián Moares, estudante de Enxeñería Naval na Escola Politécnica de Ferrol; Ana María García, alumna de arquitectura na Universidade de Granada; e Iria Lado, tamén estudante de arquitectura en Coruña.
A parcela na que se emprazaba a casa aínda conserva parte do muro perimetral, sendo este un terreo que foi dividido ao longo dos anos, construíndose edificacións posteriores á casa do arcebispo.
Álvaro Núñez de Isorna foi un arcebispo que se trasladara de Santiago a Salamanca, e que actuou como unha especie de conselleiro legal da monarquía de Xoán II de Castela, no século XV. Críase que era natural de Santiago de Foz, mais xa se recollía a posibilidade de que existise un pazo en Quintáns, cuestión que explicaría o topónimo da parroquia de Isorna.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.666461, -8.743616
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa reitoral de Santa María de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Escola Rosalía de Castro
Rianxo, San Salvador de Taragoña
Arquitectura civil
Casa reitoral de Santa María de Isorna
Rianxo, Santa María de Isorna