- Outras denominacións
- Casa Grande do Araño
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1628
- Lugar
- A Capela
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Pazo que data do século XVII (1628 a 1639) e que foi rehabilitado para albergar un negocio de eventos e restauración. Está localizado no interior dunha finca de grandes dimensións con acceso polo sur fronte á fachada principal do pazo. Edificación orixinal de dous andares con cuberta a catro augas de tella e planta cadrada. Está realizada con muros de cantaría vistos na fachada principal e encalados no resto. A este edificio engadíuselle un volume na fachada posterior realizado con prefabricados de formigón e de cuberta plana. Fachada principal con soportal, con columnas de granito de sección circular e capiteis decorados, que soportan os arcos de medio punto baixo o balcón do segundo andar. Conta cun brasón da Casa de Soutomaior e de Xunqueiras.
En 1630 foi construída na mesma finca, por orde de don Juan de Santiago Figueroa, cóengo da Catedral de Santiago, unha capela pertencente aos mesmos señores e que dá lugar ao topónimo do lugar. Cóntase no lugar que existe un pasadizo subterráneo que o une coa igrexa.
Castelao e Bouza-Brey publican no número 113 de 1933 da revista Nós, un artigo sobre os escudos de Rianxo, no que que inclúe o do Pazo dos Calotes.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-008)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.692539, -8.795589
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa da República
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa Nº 3 de Sestelo
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa reitoral de San Salvador de Taragoña
Rianxo, San Salvador de Taragoña