- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Sestelo
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Restos de edificación situada nunha finca de grandes dimensións delimitada por un muro de cachotaría de pedra, lindeira coa finca da vivenda cun reloxo de sol, no extremo leste do lugar de Sestelo. Acceso principal mediante unha porta alintelada situada xunto ao Cruceiro de Gómez. Construción de planta rectangular e dous andares, disposta perpendicular ao muro de peche e acaroado a el, xunto ao portón alintelado de acceso desde a rúa. Está resolta con muros de cachotaría de granito e cuberta a dúas augas de tella, actualmente derrubada. Fachadas de composición sinxela con accesos en planta baixa e pequenos ocos rectangulares no piso superior.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-073)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.672166, -8.746287
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casas de Rañó
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casa das Miráns
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Casa do Coxo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo