Saltar ao contido principal

Casa do Coxo

Casa do Coxo - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Luís Miguel Bugallo Sánchez
Outras denominacións
Museo do Mar de Rianxo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Praza Castelao
Concello
Rianxo

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina, que data do século XIX e que alberga o  Museo do Mar de Rianxo. Emprázase nun dos lugares máis céntricos da vila de Rianxo, situada ao lado do Cuartel Vello, fronte á Capela da Virxe da Guadalupe no Campo de Abaixo. A denominación de Casa do Coxo vén porque pertenceu a un excéntrico e devoto boticario de principios do século XX.

Trátase dunha construción de planta rectangular co extremo norte en chafrán. Está realizada con muros de cantaría nas fachadas principais e cachotaría nos muros piñón, coa cuberta a tres augas de tella. Consta de dúas alturas na fachada principal á rúa e tres na fachada posterior, que dá a un patio privado onde se localiza un hórreo. Fachadas de composición simétrica, con accesos en planta baixa, onde destaca o corredor cuberto con varanda de ferro no segundo andar da fachada principal.

O Museo do Mar de Rianxo ten unha orientación fundamentalmente etnográfica e antropolóxica. Consta de tres andares (soto, baixo e primeiro andar) nos que se trata o medio en relación coa actividade extractiva, as embarcacións tradicionais no seu quefacer socioeconómico e a construción das mesmas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Museo do Mar de Rianxo

Rabunho Rexeita

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-029)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.653043, -8.818265

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo