Saltar ao contido principal

Cuartel Vello

Cuartel Vello - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Óscar Franco
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Praza Castelao
Concello
Rianxo

Edificación do casco histórico de Rianxo, de estilo neoclásico, que data do século XIX, situado fronte ao Campo de Arriba, xunto á Capela da Virxe da Guadalupe e á Casa do Coxo.

Recibe este nome por ter sido durante moitos anos o cuartel da Guardia Civil, aínda que posteriormente converteuse no primeiro instituto de Rianxo. Actualmente o edificio está destinado a equipamento sociocultural multiusos. Segundo di unha placa colocada no exterior da edificación, en xuño de 1873 o Concello de Rianxo aprobou a construción da Casa Escola da I República, sendo alcalde D. Manuel Seco Tarrío.

Volume prismático de planta rectangular realizado con muros de cantaría nas fachadas principais e cachotaría nos laterais, coa cuberta a catro augas de tella. Consta de dous andares divididos por unha imposta perimetral, con fachada principal de composición simétrica de nove vanos. Tres accesos en planta baixa de portas alinteladas de madeira, un central e dous laterais. Fiestras balconeiras no segundo andar, con balcón central baixo un arco de medio punto que interrompe a cornixa.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

La Voz de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-030)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.652800, -8.818363

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo