Saltar ao contido principal

Casa da Capela

Casa da Capela - Rianxo - Santa Baia do Araño
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XX
Lugar
A Capela
Concello
Rianxo

Vivenda de principios do século XX, localizada na praza central do lugar da Capela, xunto ao Pazo dos Calotes. Edificación principal de dous andares e planta trapezoidal, cun anexo acaroado á fachada suroeste. Está realizada con muros de cachotaría e cantaría na fachada principal, con cuberta a dúas augas de tella. Acceso desde a praza, baixo un balcón corrido de pedra no segundo andar. Na fachada nordeste, destaca unha imaxe da virxe colocada sobre unha pequena ménsula.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-002)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.693090, -8.794908

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo