Saltar ao contido principal

Casa Nº 1 de Abuín

Casa Nº 1 de Abuín - Rianxo - Santa María de Leiro
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Abuín
Concello
Rianxo

Vivenda situada no interior dunha finca de grandes dimensións ao norte do lugar de Abuín. Muro de peche perimetral de cachotaría de pedra con portón alintelado situado nun extremo, sobre o cruce de acceso ao núcleo. Conta tamén con accesos desde a estrada DP-3301 e desde un camiño situado ao sur. Edificación principal en mal estado de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, con cuberta a dúas augas. Hai un souto de castiñeiros ao sur da finca.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-020)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.646193, -8.786297

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo