Saltar ao contido principal

Cruceiro do Funcheiro

Cruceiro do Funcheiro - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Celso Suárez
Outras denominacións
https://cruceirosdegalicia.xyz/150720501.html
Lugar
As Cortes
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado na marxe norte da rúa da Fincheira, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma feita a base de perpiaño granítico irregular. A continuación dous chanzos de sección cadrada e arestas chafranadas, o primeiro deles moldurado. A base, de sección octogonal, presenta relevos decorativos moi erosionados que semellan símbolos da Paixón. O varal nace cunha sección cadrada moldurada para seguir en sección octogonal. O capitel é unha peza cadrada feita en formigón. O conxunto remata nunha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e sobre unha peaña no reverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-082)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.648524, -8.813034

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo