Saltar ao contido principal

Lavadoiro do Pazo

Lavadoiro do Pazo - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Rianxo Fala
Lugar
O Pazo
Concello
Rianxo

Lavadoiro situado sobre o río Lustres, localizado no centro do lugar do Pazo, xunto á Escola do Pazo, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito.

Planta rectangular de grandes dimensións con lousas inclinadas de granito nun lateral e muro formigón de recente construción para apoio das pilastras que sosteñen unha cuberta a unha auga de tella ,sobre estrutura de madeira.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

CRA de Rianxo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-027)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.662619, -8.810742

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo