- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1660
- Lugar
- Rúa Agro do Monte
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Edificación que data do ano 1660 situada xunto á Capela de San Xosé da Floresta, ao oeste de Rianxiño, e que actualmente está destinada a aloxamento de turismo rural.
Conxunto de planta en L composto por unha edificación principal e varias edificacións auxiliares acaroadas ao muro de peche da finca. Edificación principal de planta rectangular e dous volumes; un de dous andares, e cuberta a dúas augas; e outro de tres, con cuberta a catro augas. Todo o conxunto está resolto con muros de cachotaría con remates en cantaría. Fachada principal ao oeste, de composición simétrica e con grandes ventás balconeiras no segundo andar do corpo de menor altura. Fachada posterior de características similares.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-026)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.655699, -8.812289
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa das Miráns
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Casa do 'Parque de los Patricios'
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Casa do Concello de Rianxo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo