Saltar ao contido principal

Cruceiro Vello de Rianxo

Cruceiro Vello de Rianxo - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Victor Araújo
Outras denominacións
Cruceiro da Praciña
Lugar
Rúa da Praciña
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito que preside A Praciña, situado detrás da Praza de Manuela, xunto ao Paseo da Ribeira. Trátaste do cruceiro máis antigo de Rianxo.

Plataforma de cinco chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada, con caveiras nos ángulos, da paso a un varal que comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrico. O seu capitel moldurado soporta unha cruz de sección cilíndrica e remates florenzados. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coa lúa aos seus pés no reverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-087 e B-063)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.649885, -8.819812

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo