Saltar ao contido principal

Fonte e lavadoiro de Ourolo

Fonte e lavadoiro de Ourolo - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Jose María Otero Castro
Outras denominacións
Fonte do Muíño do Rego
Lugar
Ourolo
Concello
Rianxo

Conxunto de fonte e lavadoiro situado na marxe leste da estrada principal de Ourolo, ao paso dun rego que atravesa a estrada e fornece de auga ao Muíño de Ourolo.

O lavadoiro é de planta rectangular con lousas inclinadas en tres dos seus lados, con cuberta a catro augas de tella sobre estrutura de madeira apoiada en pilastras de granito.

A fonte situada nun extremo, formada por un corpo rectangular de cantaría de granito e unha peza superior de remate en arco de medio punto. Os dous canos, verten directamente ao lavadoiro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

CRA de Rianxo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-033)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.681330, -8.831801

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo