Saltar ao contido principal

Praia de Tronco

Praia de Tronco - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Turismo de Galicia
Outras denominacións
Areal de Tronco
Tipoloxía
Espazos naturais
Lugar
Tronco
Concello
Rianxo

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias de Tronco e O Porrón eran dos lugares preferidos polo avó de Castelao para ir pasear, pescar ou mariscar, e serían para o rapaz motivo de diversión cando o acompañaba. Mentres esperaba, xogaría no mar cun barquiño de cortiza, ou co de pau que lle fixera o tío carpinteiro.

Castelao era un rapaciño e aínda non se decatara das desgrazas que ese mesmo mar ocasionaba con demasiada frecuencia nos días da invernía. Andando o tempo viviría de cerca o drama dos afogados, ou ben os coñecería por boca dos máis anciáns, como é o caso da siña Sinforosa, unha mandadeira que cada día facía a travesía de Rianxo a Vilagarcía, e tiña para todos os defuntos un rosario de paisnosos, avemarías e salves.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Roteiro Castelao

Galicia Confidencial

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.642169, -8.808561

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo