Saltar ao contido principal

Cruceiro das Barreiras

Cruceiro das Barreiras - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: X. Gulías Lamas
Outras denominacións
Cruceiro do Burato ou Cruceiro de San Bieito
Lugar
O Burato
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado á beira do camiño principal do Burato, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de dous chanzos e base cadrada con toro e escocias, sobre a que se ergue un fuste de sección octogonal con decoración no extremo inferior e imaxe central, que remata en forma circular. Capitel troncopiramidal inverso decorado con formas vexetais e cruz de sección circular e aspecto leñoso, coa representación dun cristo no anverso e dunha virxe no reverso. Pequena capela de recente construción situada xunto ao cruceiro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-089)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.670475, -8.818550

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo