Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Cruceiro de Outeiro

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira da estrada que leva á Igrexa de Santa Baia do Araño, nun extremo do campo que rodea á Capela dos Milagres, no antigo campo da festa. Carece de pedestal. Plataforma de tres chanzos sobr…

Cruceiro do Cemiterio da Igrexa de Santa María Leiro

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito no interior do cemiterio, xunto á Igrexa de Santa María de Leiro. Base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal con de sección cadrada no contacto coa base. Capitel troncopiramidal inverso c…

Vía crucis da Igrexa de Santa María de Leiro

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Vía crucis sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Leiro. Cruces latinas sen imaxes, de sección cadrada e arestas chafranadas, con remates nos extremos. Realizadas en cantaría de granito, están apoiadas sobre ba…

Cruceiro da Capela

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado sobre uns penedos no acceso á praza central do lugar da Capela, xunto á Fonte da Capela e á Capela do Pazo dos Calotes. Tan só se conserva o fuste, de sección hexagonal sobre unha base cadrada…

Cruceiro da Praza

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

En Sestelo, na Praza de Faustino Rey Romero, álzase sobre unha pedra tosca sen labrar este cruceiro de pedestal cuadrangular recadrado, fuste octogonal, capitel cúbico co astrágalo octogonal liso e decorado con volutas, …

Cruceiro da Cortiña Vella

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito no interior dunha finca particular dunha vivenda situada xunto á Igrexa de Santa María de Isorna. Plataforma de tres chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada. Capitel…

Cruceiro dos Rivela

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira da estrada principal de Sestelo, nunha encrucillada de camiños ao norte da Igrexa de Santa María de Leiro. Plataforma de dous chanzos e base cúbica sobre a que se ergue un fuste octogo…

Cruceiro dos Calotes

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no interior da finca do Pazo dos Calotes, xunto ao acceso á Capela do Pazo dos Calotes. Plataforma cadrada e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Falta a cruz e p…

Vía crucis da Igrexa de Santa Baia do Araño

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Vía crucis na contorna do adro da Igrexa de Santa Baia do Araño, situado na fachada que dá á estrada, sobre o muro de peche de cachotaría. Cruces de sección octogonal con remates florais nos vértices e apoio cuadrangular…

Cruz de Foxacos

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha finca situada no centro do núcleo, no camiño interior que baixa á praza principal. Sección cadrada e base troncopiramidal, coa imaxe dun cristo no anverso da cruz.

Cruceiro da Fonte

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro situado xunto á fonte e lavadoiro de Suigrexa. Plataforma de dous chanzos e pedestal troncopiramidal, sobre a que se ergue a cruz, dunha soa peza de granito e sección cadrada, coas arestas chafranadas e decoraci…

Cruceiro da Agra de Boreiros

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no espazo verde da Lomba, entre os lugares de Rañó e Abuín. Plataforma de planta cadrada composta por cinco chanzos e base prismática con molduras xeométricas nas catro caras. Fuste circular, …

Cruceiro dos Zapateiros

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

En Rañó, no Parque Josefa Cerqueiras, fermoso cruceiro do século XVII de plataforma cuadrangular de cinco graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadran…

Cruceiro do Calvario

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro principal do Vía crucis do Calvario, situado á beira da estrada principal, ao norte do lugar da Igrexa. Está situado a un nivel superior con respecto á rúa, sobre unha plataforma de dous chanzos. Base prismática…

Cruceiro de Veliña

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no Campo da Veliña no lugar de Rañó. Plataforma de catro chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sos…

Cruceiro de Rial

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro situado á beira da estrada principal que atravesa o lugar de Rial polo leste. Está asentado sobre unha plataforma de granito que compensa o desnivel entre as dúas rúas. Base cadrada con toro e escocias, apoiada …

Cruceiro de Montiño

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito á beira da estrada que comunica os lugares de Meiquiz e a Igrexa de Santa María de Leiro. Plataforma de catro chanzos de granito e base prismática con relevos nos extremos superiores e molduras centra…

Cruceiro de Meiquiz

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de capeliña realizado en cantaría de granito, situado ao noroeste do lugar de Or, sobre o cruce principal de acceso. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste prismático coas arestas chafranadas c…

Cruceiro dos Meniños

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de capeliña de granito situado nun extremo do lugar de Brión, á beira da estrada principal, no cruce que leva á Escola de Abuín. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal. Capite…

Cruceiro da Regalada

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar de Meiquiz. Plataforma de tres chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada no apoio. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volut…

Cruceiro de Abuín

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Tamén coñecido como o Cruceiro da Aldea Maldita de Abuín, é de granito situado ao noroeste do lugar de Abuín. Está asentado directamente sobre un penedo rochoso, con fuste de sección cadrada coas arestas chafranadas. Tan…

Cruz de Isorna

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro sen imaxes, xunto ao acceso norte do Parque de Isorna. Plataforma de dous chanzos e cruz latina de sección cadrada, cun engrosamento no apoio.

Cruceiro Vello da Vacariza

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira dun camiño o sur do núcleo, preto muíño do rego de Bacelo. Cruceiro con capela sobre plataforma de dous chanzos e fuste octogonal moi groso. Capela coa imaxe dunha Virxe, apoiada sobre…

Cruceiro do Cabo

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que se empraza no lugar de Quintáns, á beira do río Ulla. Non forma parte do vía crucis da Ruta Xacobea do Mar de Arousa, posto que é moito máis antigo que os que forman esta ruta.…