Saltar ao contido principal

Cruceiro Vello da Vacariza

Cruceiro Vello da Vacariza - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Lugar
A Vacariza
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado á beira dun camiño o sur do núcleo, preto muíño do rego de Bacelo. Cruceiro con capela sobre plataforma de dous chanzos e fuste octogonal moi groso. Capela coa imaxe dunha Virxe, apoiada sobre un capitel troncopiramidal inverso con relevo frontal. Cruz de brazos de sección cadrada con remates nos vértices e un Cristo no anverso.

Segundo conta un veciño, este cruceiro estaba situado, fai anos, a uns 15-20 metros máis ao norte.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-055)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.684494, -8.735745

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo