- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Ourolo
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma composta por un chanzo cadrado. A súa base cúbica, coas arestas rematadas en chafrán, dá paso a un varal de sección cilíndrica. A continuación o capitel tipo xónico con caras de anxos. O conxunto conclúe nunha cruz de sección cadrada e os brazos con remates en flor, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela no anverso, e a Virxe coas mans en oración no reverso.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-102)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.681602, -8.833100
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Cemiterio de Santa Comba de Rianxo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Elementos relixiosos
Cruz do Cemiterio de San Salvador de Taragoña
Rianxo, San Salvador de Taragoña
Elementos relixiosos
Virxe de Guadalupe de Tanxil
Rianxo, Santa Comba de Rianxo