Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Cruceiro do Pepón

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira do camiño real, no interior dun recinto cercado por un muriño de pedra. Plataforma de dous chanzos con base cadrada de dous corpos, con toro e escocias superiores e inscricións nos cat…

Cruceiro de Ferreiro

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela no medio de Isorna. Ten unha pequena plataforma cuadrangular de tres graos e carece de pedestal. O fuste é octogonal con adornos nos chafráns e contén unha imaxe. A capela está ornamentada. A base ten …

Cruceiro de Agro da Telleira

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito, situado nunha finca á beira do río Ulla, xunto á ponte de Catoira. Plataforma de dous chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada. Capitel troncopiramidal inverso con e…

Cruceiro da Rocha

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

No Parque de Isorna, cruceiro con plataforma e pedestal cuadrangulares, co pedestal moi moldurado e cunha gran escocia. Fuste octogonal diminuído con pedestal octogonal liso. Capitel tamén octogonal con volutas, cunchas …

Cruceiro da Lagarteira

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Antigo cruceiro de granito situado sobre o acceso ao lugar da Lagarteira, fronte á fonte do mesmo nome. Tan só se conserva parte do fuste de sección cadrada, sobre unha base con toro e escocias apoiada nunha plataforma d…

As Trece Cruces

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Conxunto de tres cruces situadas no Puntal da Braña, que forma parte dun vía crucis á beira do río Ulla, xunto ao Cruceiro do Cabo, en Quintáns.Conxunto de tres cruceiros, co do medio de maiores…

Cruceiro de Somoza

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que está situado á beira da estrada a Somoza. Ten unha plataforma de tres chanzos e base circular sobre a que se ergue un fuste tamén circular, ao que lle faltaba a cruz e o capitel de remate.

Cruz do Batán

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha vivenda, no extremo sur do lugar do Batán, xunto á estrada principal. Cruz de sección octogonal e brazo inferior máis longo, cunha imaxe en relevo na parte central.

Cruceiro de Veiga

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

En Somoza de Abaixo, cruceiro de plataforma e pedestal cuadrangulares, este último moi moldurado e con gran escocia; fuste octogonal con estremos cadrados, capitel cuadrangular con volutas, follas, querubíns e cunchas, a…

Cruceiro de Rial

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á entrada do centro sur do lugar de Somoza, fronte á fonte e lavadoiro de Rial. Base prismática coas arestas superiores chafranadas sobre a que apoia un fuste de sección octogonal. Pequeno cap…

Cruceiro de Pilatos

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Singular cruceiro do lugar da Mámoa, moi similar ao outro cruceiro da Mámoa. Ambos presentan moitos elementos comúns e relativamente infrecuentes entre os cruceiros do Concello. A plataforma é cuadrangular de tres graos…

Cruceiro Nº 2 de Burés

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar de Burés, sobre o camiño principal que o atravesa. Plataforma acaroada á fachada lateral dunha vivenda, composta por dous chanzos de granito e base prismática coas arestas supe…

Vía crucis do Calvario

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realiz…

Cruceiro Nº 1 de Burés

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira dun camiño perpendicular á estrada principal e que continúa até o rego de Burés, ao sur do lugar. Fuste octogonal sobre base prismática coas arestas superiores chafranadas. Capitel tro…

Cruceiro da Mámoa

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira do camiño inferior que comunica os lugares da Mámoa e Suigrexa. Plataforma de tres chanzos e base prismática con molduras no corpo superior. Fuste de sección cadrada con relevos lonxit…

Cruceiro da Coviña

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito sen imaxes, situada na marxe norte da estrada principal de Asados, no cruce do camiño que vai ao lugar de Vilanustre. Cruz latina de grandes dimensións e sección octogonal, apoiada directamente sobre un f…

Cruceiro das Miráns

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de imaxe, con Virxe de granito localizada no interior da parcela dunha vivenda situada nas Miráns, sobre o camiño que leva ao río. Base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada con are…

Cruz das Miráns

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruz cun Cristo de granito localizada no interior da parcela dunha vivenda situada no centro do núcleo, sobre o camiño que leva ao río. Na parcela atópase tamén unha imaxe da virxe sobre un fuste realizada en cantaría. C…

Cruceiro dos Lemos

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado nos Lemos, fronte ao cruce de camiños principal. Plataforma cadrada de catro chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección inferior cadrada con relevos. Cruz de …

Cruceiro dos Barrudos

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro situado á beira do camiño que une os lugares de Pousada e A Capela, paralelo á estrada principal do Araño. Plataforma elevada con dous chanzos e base cúbica, con peza de remate circular sobre o que apoia o fuste…

Cruceiro de Vistas

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no centro do lugar do Vilar, á beira do camiño que leva á fonte e lavadoiro. Plataforma cadrada de dous chanzos e base prismática, sobre a que se ergue un fuste rectangular de arestas chafrana…

Cruceiro de San Xoán

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar da Ermida, no camiño que parte da Ermida de San Xoán de Badía e baixa cara o río Té, onde se localizan o Muíño da Vexa de Abaixo e a Ponte…

Cruceiro dos Xufreus

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no extremo leste do lugar do Toural. Plataforma cadrada con tres chanzos e base prismática, sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base. Capitel con volutas…

Cruceiro do Rabado

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar do Rabado, apoiado sobre unha plataforma dun chanzo e base prismática con remate circular. Fuste octogonal de sección cadrada no remate inferior, decorado nas catro frontes, co…