Saltar ao contido principal

Cruceiro Nº 2 de Burés

Cruceiro Nº 2 de Burés - Rianxo - Santa María de Asados
Imaxe: Xoán Xosé Vicente
Lugar
Burés
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar de Burés, sobre o camiño principal que o atravesa. Plataforma acaroada á fachada lateral dunha vivenda, composta por dous chanzos de granito e base prismática coas arestas superiores chafranadas. Fuste octogonal con remate inferior cadrada en contacto coa base. Capitel decorado con motivos vexetais e volutas nos extremos, baixo unha cruz latina de sección circular e aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-028)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.692000, -8.768798

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo