- Outras denominacións
- Cruceiro de J. Gómez , Cruceiro Novo da Vacariza ou Cruceiro de Buela
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1907
- Lugar
- A Vacariza
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito situado á beira do camiño real, no interior dun recinto cercado por un muriño de pedra. Plataforma de dous chanzos con base cadrada de dous corpos, con toro e escocias superiores e inscricións nos catro lados do volume inferior, coa data de construción do cruceiro (1907). Fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base e capitel decorado con formas vexetais e rostros de querubíns. Cruz de sección circular e carácter leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso. En tempos estaba policromada. Este era sitio de enterramento de nenos nonnatos ou mortos sen cristianizar.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-051)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.685426, -8.734844
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Rial
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruceiro Nº 1 de Burés
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruceiro Vello de Asadelos
Rianxo, Santa María de Asados