- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Asadelos
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Fermoso exemplar situado en Asadelos, preto da Praza de Manuel Antonio, onde se sitúa o chamado Cruceiro Novo de Asadelos. A plataforma é octogonal e realmente alta, de catro graos. O pedestal é octogonal e baixo, e presenta símbolos da paixón: píntegas, tibias e caveiras. O fuste é circular decorado con profundas estrías, e ten un pedestal cuadrangular e recadrado. O capitel é cúbico con volutas e follas, o astrágalo circular e liso e o ábaco ten lados rectos. A cruz ten sección cuadrangular e os brazos con mediacana rematados en florenzados con botón central. O Cristo crucificado ten as mans abertas, coroa de espiñas e cartela de INRI. No reverso da cruz hai escena da piedade.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-035)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.679059, -8.788842
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Campo da Ponte
Rianxo, Santa Baia do Araño
Elementos relixiosos
Cruz da Casa da República
Rianxo, Santa María de Isorna
Elementos relixiosos
Cruceiro de Abuín
Rianxo, Santa María de Leiro