- Outras denominacións
- Cruceiros das Miráns
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- As Miráns
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de capeliña situado nun espazo verde xunto ao río Té, que antigamente era o lugar que acollía unha especie de mercado de gando. Plataforma de dous chanzos sobre a que asenta directamente un fuste composto por tres pezas de granito coas arestas chafranadas, sen pedestal. Capeliña lisa sen imaxe, con cornixa decorada con anxos e remate troncopiramidal sobre o que apoia unha cruz cun Cristo crucificado, que leva coroa de espiños e nimbo crucífero, e que está sinalando co índice da man dereita.. A bóveda é plana e o tellado a catro augas. A cruz é cuadrangular con brazos con mediacana e remates en bolas. Este cruceiro foi debuxado por Castealo no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-005)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.692252, -8.780286
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Vistas
Rianxo, Santa Baia do Araño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Lustres
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruceiro de Abuín
Rianxo, Santa María de Leiro