Saltar ao contido principal

Cruceiro de Lustres

Cruceiro de Lustres - Rianxo - Santa María de Asados
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Outras denominacións
Cruceiro do Laxido
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
O Laxido
Concello
Rianxo

Un dos exemplares máis interesantes de Rianxo. Sitúase nunha encrucillada de camiños entre Lustres, Outeiro e Vilas. Parece bastante antigo, probablemente do século XVII. Aséntase sobre plataforma octogonal de catro graos e pedestal tamén octogonal de pouca altura que contén símbolos da paixón: tibias, abellas e caveiras. O fuste é octogonal con pedestal cuadrangular e recadrado, e contén a media altura unha imaxe de San Andrés. O capitel é cúbico con cabeza de anxo con ás. A cruz é de sección cuadrangular e brazos de mediacana rematados en flores, e aséntase sobre pedestal cúbico. O Cristo ten as mans pechadas, coroa de espiños e cartela de INRI. O reverso da cruz presenta escena da Piedade, coa Virxe co Cristo en brazos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-029)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.666021, -8.801396

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo