- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Sestelo
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
En Sestelo, na Praza de Faustino Rey Romero, álzase sobre unha pedra tosca sen labrar este cruceiro de pedestal cuadrangular recadrado, fuste octogonal, capitel cúbico co astrágalo octogonal liso e decorado con volutas, follas e cabezas de anxo con ás. A cruz é de sección cuadrangular, está recrucetada e decorada con remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado ten a cabeza ergueita e carente de coroa e no reverso está representada a Piedade. Na pedra deste cruceiro hai petróglifos en forma de coviñas, que segundo conta a xente do lugar, eran usadas para poñer as candeas.
O Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna localizábase neste lugar, antes de ser trasladado ao cemiterio parroquial.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-046)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.671760, -8.746868
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Vistas
Rianxo, Santa Baia do Araño
Elementos relixiosos
Conxunto escultórico das Neves
Rianxo, San Salvador de Taragoña
Elementos relixiosos
Cruceiro do Monte Pinal
Rianxo, San Salvador de Taragoña