Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Cruceiro do Santiaguiño do Monte

Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz erixido sobre seis grandes pedras de granito, onde segundo a tradición predicou o Apóstolo Santiago. Trátase dun cruceiro sinxelo de cruz lisa, sen imaxes, capitel simple sen peaña nin grada.

Cruceiro da rúa Santo Domingo

Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Comeza cunha plataforma de tres chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal, tamén cadrado, coas caras molduradas e a parte superior chafranada. O capitel comeza cun imoscapo de plac…

Cruceiro de Vilar

Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, de estilo barroco do século XVIII, construído en pedra de cantaría. Comeza cunha plataforma de tres chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito cunha escocia na parte …

Cruceiro de Longais

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Localizado no interior dunha finca particular. Antes estaba situado en Herbón, mais foi trasladado ao emprazamento actual no 1917. Mandado construír por dona Inés Díaz, a cruz é do ano 1595, sendo unha das poucas desta é…

Cruceiro Nº 2 da Igrexa de Santa María de Cruces

Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, situado no adro da Igrexa de Santa María de Cruces. Nace obre unha base irregular. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe un relevo moi erosionado na súa parte media. O capit…

Cruceiro Nº 1 de Cruces

Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz que nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Un capitel cadrado dá paso a unha cruz de ar…

Cruceiro do Santuario da Escravitude

Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, emprazado no atrio lateral norte do Santuario da Escravitude. A cruz é de troncos e representa a Cristo nun lado e á Virxe da Escravitude apoiada sobre anxos no outro. Destaca o capitel, at…

Calvario de Herbón

Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Conxunto de cruces á entrada do Convento de Santo Antonio de Herbón, que forman parte do Calvario de Herbón.

Cruceiro do Rueiro

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz.

Cruceiro de Carreiras

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 17…

Cruceiro de San Lázaro

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con gran chafrán. O varal ten un arranque cuadrangular e recadrado con desenvolvemento octogonal. Ten distintas figuras co…

Cruceiro de Porto

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, coa súa parte superior moi traballada cun sentido do equilibrio na profusa decoración, que en ningún momento cae na estridencia, nin no fatuo. Para comezar, o seu capitel susténtase sobre u…

Cruceiro da rúa Sagasta

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado no xardín da vivenda Nº 15 da rúa Sagasta.

Fito Xacobeo

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Inaugurado o 21 de agosto de 1966, trátase dun cruceiro do tipo de imaxe, localizado carón do Camiño de Santiago. Segundo Estanislado Fernández de la Cigoña Núñez, esta columna co Apóstolo Santiago, forma parte do Via Cr…

Cruceiro da Igrexa Parroquial de Pontecesures

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Na entrada ao parque infantil da avenida de Vigo, emprázase un cruceiro do tipo de cruz, probablemente vinculado á Igrexa Parroquial de Pontecesures, situada a poucos metros deste.

Cruz Nº 1 de Infesta

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada lese a seguinte inscrición: “UNA DE DOS O NO ENTRAR AQUI O ALABAR A DIOS. ANO DE 1814”. A razó…

Cruz Nº 2 de Infesta

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada e nunha pedra lense as seguintes inscricións: “NADIE PASE ESTE UMBRAL O A DIOS ALABAR. AÑO 181…

Cruz de Carreiras

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a unha vivenda no lugar Carreiras, coñecido como A Horta do Curto. O cerramento é de cantaría con arco de medio punto, coroado por unha sinxela cruz. Existe outra cruz máis…

Cruz de San Xulián

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz de granito, ao carón do Camiño de Santiago, asentada sobre unha base de cantería co pedestal cúbico.

Cruz de Grobas

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz pola que pasaba o camiño por onde se levaban os defuntos para soterrar a Pontecesures.

Cruz Nº 2 da Igrexa de Santa María de Asados

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz sen imaxes situada ao lado doutra cruz, sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Asados, e que posiblemente formaban parte dun antigo vía crucis. Está resolta nunha soa peza de granito, de sección cadrada co…

Cruz Nº 1 da Igrexa de Santa María de Asados

Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz sen imaxes situada ao lado doutra cruz, sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Asados, e que posiblemente formaban parte dun antigo vía crucis. Sinxela cruz resolta nunha soa peza de granito, de sección ca…

Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna

Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela construído en granito, formado por unha plataforma cuadrangular de tres chanzos, sobre o que se asenta a columna de sección octogonal que comeza e remata en forma cadrada. A parte superior da columna e…

Cruz da Igrexa de Santa María de Leiro

Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada no camiño á Igrexa de Santa María de Leiro. Pequena cruz latina de sección cadrada apoiada sobre unha base prismática.