- Outras denominacións
- Cruceiro da Praza dos Valeiros
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Praza dos Valeiros
- Parroquia
- San Xulián de Requeixo
- Concello
- Pontecesures
Cruceiro do tipo de crucifixo, coa súa parte superior moi traballada cun sentido do equilibrio na profusa decoración, que en ningún momento cae na estridencia, nin no fatuo. Para comezar, o seu capitel susténtase sobre unha dobre voluta octogonal, como o fuste, e presenta unha ornamentación vexetal que evita así as esquinas en arestas e deixa un espazo entre folla e folla ocupado pola cuncha de vieira. Arriba, a cruz con deseño octogonal e remates cadrados, con fendas que lle dan un aire grácil na Nai, coa cabeza suavemente erguida mirando ao ceo. Abaixo non hai basa porque non puido ser rescatada do leito do río, senón unha pedra de gran tamaño que pon un contrapunto natural ao traballo humano. O fuste, que como queda dito é octogonal na súa parte superior, ten deseño cadrado na inferior. A media altura, a estatua do Apóstolo Santiago rompe o concerto de liñas rectas que converxen cara ao ceo.
Forma parte do Vía Crucis fluvial do Mar de Arousa e Ulla. Orixinariamente non foi colocado na Praza dos Valeiros, senón que se fixo unha zona que non resistiu o peso debido á drenaxe do río Ulla. Esta drenaxe foi provocando o corremento de terras cara ao fondo desde a beira do río, e aí foi onde acabou o cruceiro, á altura dun lugar do río chamado Pozo da Cova. O barrio de Os Valeiros é un barrio de pescadores. Fai máis de tres décadas atoparon o cruceiro cando estaba a punto de desaparecer para sempre, inzárono ás súas embarcacións e levárono ao lugar onde se empraza na actualidade.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures, aprobado o 27 de xuño de 2003
Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla. Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, 2012
Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO J)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.717975, -8.654897
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro da rúa Sagasta
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Elementos relixiosos
Cruceiro de San Lázaro
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Carreiras
Pontecesures, San Xulián de Requeixo