Saltar ao contido principal

Cruceiro de Pilatos

Cruceiro de Pilatos - Rianxo - Santa María de Asados
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Lugar
A Mámoa
Concello
Rianxo

Singular cruceiro do lugar da Mámoa, moi similar ao outro cruceiro da Mámoa. Ambos presentan moitos elementos comúns e relativamente infrecuentes entre os cruceiros do Concello.

A plataforma é cuadrangular de tres graos. Os vértices de cada esquina dos chanzos van adornados cunha forma ondulada que remata en volutas. O pedestal é cuadrangular, moi moldurado e cunha gran escocia. O fuste é de sección cuadrangular coa base e tope de maior grosor e cos paramentos recadrados. O capitel é cuadrangular adornado con volutas, follas de acanto, orlas vexetais e querubíns, co astrágalo liso e o ábaco de lados curvos e vértices chafranados. A cruz é leñosa con nós. O Cristo presenta varios elementos pouco comúns: a cabeza inclínase cara adiante, e non cara algún lado; está sinalando cos índices de ámbalas dúas mans; leva coroa de espiñas; o pano de pureza vai anoado cunha corda; o INRI vai nun pergameo. No reverso, a Virxe está en actitude oratoria coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña dun anxo con ás. Presenta a peculiaridade dun nimbo de ferro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-030)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.673722, -8.788975

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo