- Outras denominacións
- Cruceiro de Cartomil
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Cartomil
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito no interior dunha finca, situada na marxe leste da estrada de Taragoña, entre Cartomil e Ourolo.
Da tipoloxía de crucifixo, ten unha plataforma de planta cadrada composta por dous chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Capitel con decoración vexetal, volutas nos extremos e rostros de anxos alados, que sostén unha cruz latina, á que lle falta un dos brazos, coas imaxes dun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-088)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.678134, -8.829903
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Meiquiz
Rianxo, Santa María de Leiro
Elementos relixiosos
Cruceiro da Igrexa de Santa María de Asados
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruceiro de Cuntín
Rianxo, Santa Baia do Araño