Saltar ao contido principal

Cruceiro de Meiquiz

Cruceiro de Meiquiz - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Álex Negreira
Outras denominacións
Cruceiro de Or
Cronoloxía
1651
Lugar
Meiquiz
Concello
Rianxo

Cruceiro de capeliña realizado en cantaría de granito, situado ao noroeste do lugar de Or, sobre o cruce principal de acceso. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste prismático coas arestas chafranadas coa data de construción inscrita (1651). Capitel troncopiramidal con relevo frontal que sostén unha capela cunha imaxe tallada en madeira, e remata nunha cruz de sección cadrada con remates nos vértices e cun Cristo no anverso.

As tres figuras que existían no interior da capeliña, lamentablemente foron roubadas no ano 2002. Segundo contan os veciños, as figuras eran moi veneradas xa que existía a crenza de que podían influír no tempo: se facía falta auga, colocábanse cara ao sur e se chovía demais, poñíanse cara ao norte. Hoxe no seu lugar colocouse un retablo de madeira dedicado á Virxe María, feito por un veciño do lugar.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Fotos de Rianxo

Fotos de Rianxo

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-064)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.662566, -8.774139

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo