- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1909
- Lugar
- O Cruceiro
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito situado na praza de Campo de Pazos, da tipoloxía de imaxe.
Plataforma tres chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada posúe unha inscrición que di: ”A DEVOCION DE MANUEL LMEDA Y MANUEL COSTAS TRILLO”. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, dá paso a un capitel decorado con volutas, follas de acanto, querubíns. O conxunto remata cunha imaxe pétrea da Piedade co Fillo no colo. Antigamente posuía unha cruz, que se perdeu tras varios derrubamentos.
Este cruceiro foi realizado polo neto do Vello Santeiro de Chave, como unha copia do Cruceiro das Angustias de Silvarredonda, en Rois, factura de seu avó.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-092)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.674108, -8.824782
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro da Fonte
Rianxo, Santa María de Leiro
Elementos relixiosos
Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna
Rianxo, Santa María de Isorna
Elementos relixiosos
Cruceiro da Cubeliña
Rianxo, Santa Comba de Rianxo