Saltar ao contido principal

Cruceiro da Fonte

Cruceiro da Fonte - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Fotos de Rianxo
Outras denominacións
Cruceiro de Brión
Lugar
Brión
Concello
Rianxo

Cruceiro de capela en Brión, formando conxunto coa Fonte de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal. Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de INRI. A capela ten base moldurada decorada cun anxo con ás, tellado a catro augas, carece de bóveda, e contén dúas imaxes no interior. Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.

Segundo o libro “Os cruceiros do Concello de Rianxo”, de Xesús Antonio Gulías Lamas, “hai moitas testemuñas entre os veciños, sobre os enterramentos que aquí se facían dos anxiños que morrían sen bautismo“.
 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-059)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.646624, -8.794972

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo