Saltar ao contido principal

Cruceiro da Igrexa de Santa María de Asados

Cruceiro da Igrexa de Santa María de Asados - Rianxo - Santa María de Asados
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Lugar
Asadelos
Concello
Rianxo

Cruceiro situado no adro da Igrexa de Santa María de Asados. A plataforma de tres graos, pedestal e fuste son octogonais sen adornos. O capitel e o astrágalo son tamén octogonais, e o ábaco de lados rectos. O capitel está decorado con follas de figueira. A cruz e as figuras son de mármore. A cruz é cuadrangular con remates en forma de trevo e brazos con chafrán, e está soportada por pedestal. O Cristo ten as mans pechadas, coroa de espiños e pergameo de INRI. A Virxe ora coas mans xuntas sobre unha peaña.

Castelao publica no número 73 de 1930 da revista Nós, a historia que recolle dunha vella de Asados. Conta a lenda que uns ladróns van buscar na noite ao cura á casa reitoral. Queren que lles acompañe a este cruceiro, para poñerlle os sacramentos a unha muller que vai morrer, ou sexa, á que ían asasinar. Ao día seguinte apareceu removida a terra nun curruncho do adro, como se alí soterraran a un defunto aquela noite.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Castelao no Barbanza | culturagalega.gal

Roteiro Castelao

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-033)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.677480, -8.788141

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo