Saltar ao contido principal

Cruceiro da Rocha

Cruceiro da Rocha - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Lugar
Isorna
Concello
Rianxo

No Parque de Isorna, cruceiro con plataforma e pedestal cuadrangulares, co pedestal moi moldurado e cunha gran escocia. Fuste octogonal diminuído con pedestal octogonal liso. Capitel tamén octogonal con volutas, cunchas e querubíns, co astrágalo tamén octogonal e o ábaco común de lados curvos e vértices chafranados. Sección da cruz octogonal con remates florenzados con botón central. Cristo crucificado coa cabeza cara adiante, coroa de espiñas, pano suxeito cunha corda e pergameo de INRI. Virxe orante coas mans sobre o peito e sobre peaña dun querubín.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-047 e O-006)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.668124, -8.752932

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo