- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Quintáns
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito que se empraza no lugar de Quintáns, á beira do río Ulla. Non forma parte do vía crucis da Ruta Xacobea do Mar de Arousa, posto que é moito máis antigo que os que forman esta ruta. Ten plataforma e pedestal cuadrangulares con imaxe no pedestal, fuste octogonal con base cadrada de paramentos recadrados e imaxe. O capitel é cilíndrico, co astrágalo circular sogueado e o ábaco de lados curvos e vértices agudos. Decórase con caras e flores. O Cristo crucificado ten as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI. No reverso do crucifixo está a escena da Piedade, coa Virxe sobre peaña de anxo con ás.
Era onde se atopaba o barqueiro encargado de pasar a xente dun lado a outro do río Ulla. O 12 de xuño de 1906 houbo unha traxedia en fronte a este cruceiro cando unha gamela intentaba pasar o río cara Catoira para ir á feira de Vilagarcía. A gamela ía cargada con cinco mulleres (Ramona Varela, coa súa filla Concepción Franco Varela, Concepción Ares Abalo, Peregrina Carou Ares e María del Carmen Carou Bouzas) que morreron afogadas, e o barqueiro que foi salvado por un home que viu a traxedia desde terra. “Al pretender atravesar con una chalana de Isorna a Catoira cinco mujeres y un hombre, volcó aquélla, pereciendo ahogadas las cinco infelices” dicía La Voz de Galicia naqueles tempos. Dúas das mulleres eran nai e filla de 11 anos que non puideron ser enterradas xuntas porque a filla foi atopado o seu cadáver na Punta de Rañó que pertence á parroquia de Leiro, mais pese os intentos do pai por darlle sepultura ás dúas na parroquia de Isorna, as autoridades aplicaron a lei que obrigaba, naquel tempo, a enterrar os defuntos onde se atoparan os corpos. Xunto a elas tamén viaxaban 5 cabras que se salvaron todas. Contan que o barqueiro quedou sen fala debido á impresión que lle causou a traxedia.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-052)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.664835, -8.740811
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro Novo de Asadelos
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruceiro do Funcheiro
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Elementos relixiosos
Cruz do Vía Crucis do Calvario
Rianxo, San Salvador de Taragoña