- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Asadelos
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Situado na Praza de Manuel Antonio en Asadelos, próximo á Igrexa de Santa María de Asados. Preto del atópase o chamado Cruceiro Vello de Asadelos. Plataforma cuadrangular de tres graos e pedestal cuadrangular moi moldurado. Fuste octogonal anque cadrado na base. Capitel cuadrangular con volutas, querubíns, cunchas e orlas vexetais, astrágalo cuadrangular con chafráns e ábaco de lados curvos e vértices chafranados. Cruz circular leñosa con nós. Cristo coas mans pechadas, coroa de espiñas e cartela de INRI. Virxe oratoria coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña con querubín.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-034)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.678173, -8.788923
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro dos Xufreus
Rianxo, Santa Baia do Araño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Rial
Rianxo, Santa María de Leiro
Elementos relixiosos
Cruceiro do Costado
Rianxo, Santa María de Isorna