Saltar ao contido principal

Cruceiro de Rial

Cruceiro de Rial - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Lugar
Rial
Concello
Rianxo

Cruceiro situado á beira da estrada principal que atravesa o lugar de Rial polo leste. Está asentado sobre unha plataforma de granito que compensa o desnivel entre as dúas rúas. Base cadrada con toro e escocias, apoiada sobre catro chanzos e varal octogonal con figuras no extremo inferior, que representan a Adán e a Eva e máis a unha serpe. Capitel decorado con volutas e cunchas, coroado por unha cruz de sección circular e aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-067)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.655861, -8.769657

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo