Saltar ao contido principal

Cruceiro dos Zapateiros

Cruceiro dos Zapateiros - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
Rañó
Concello
Rianxo

En Rañó, no Parque Josefa Cerqueiras, fermoso cruceiro do século XVII de plataforma cuadrangular de cinco graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadrangular recadrado, e imaxe dun bispo. Capitel cúbico de astrágalo cuadrangular liso, ábaco de lados rectos e decoración de volutas, follas de acanto e flores. A cruz, de sección cuadrangular e recrucetada, ten brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. O Cristo ten ergueita a cabeza, as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI. No anverso, escena da Piedade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-072)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.652788, -8.778347

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo