Saltar ao contido principal

Cruceiro do Souto

Cruceiro do Souto - Rianxo - Santa Baia do Araño
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Outras denominacións
Cruceiro de Outeiro
Lugar
A Capela
Concello
Rianxo

O Cruceiro do Souto ou Cruceiro de Outeiro é do tipo de capeliña situado á beira da estrada que une os lugares de Traba e A Capela polo norte, xunto ao regato do Batán. Fuste octogonal e groso sobre o terreo, con remates cadrados na parte superior que soportan a capeliña, actualmente sen imaxe. A capela é lisa, de base moldurada, teito plano e tellado a catro augas. Contén no interior unha imaxe da Virxe co Neno. O Cristo crucificado ten as mans pechadas, pergameo de INRI e carece de coroa de espiñas. Remate superior de forma troncopiramidal, que soportaba a cruz. Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Rianxeiros

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Ramón Brea

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-007)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.693542, -8.797558

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo