Saltar ao contido principal

Cruceiro de Moroso

Cruceiro de Moroso - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Lugar
Fonte Susán
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado ao sur de Fonte Susán, xunto ao acceso a unha parcela privada, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma dun chanzo e base prismática con toro e escocia, sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada nos extremos. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais e rostros de anxos, que sostén unha cruz de sección cadrada cun Cristo no anverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-101)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.685109, -8.834416

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo