- Outras denominacións
- Cruceiro do rego do Cacheiro
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Ourolo
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal, da tipoloxía de crucifixo.
Pequena base coas arestas rematadas en chafrán. A continuación, un varal que no arranque é cadrado e continúa en sección cilíndrica. O seu capitel está decorado con rostros de anxos e caveiras. O conxunto conclúe nunha cruz de sección cadrada con decoración nos remates dos brazos. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña no reverso.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-106)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.681500, -8.832766
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Rial
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruz do Pazo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Suigrexa
Rianxo, Santa María de Asados