- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- 1783
- Lugar
- Brión
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Capela situada no centro do lugar de Brión, inserida no muro de peche do Pazo dos Torrado de Brión, do que formaba parte. Foi fundada por Diego Manuel Torrado en 1783 con motivo da súa coxeira, que o impedía asistir aos actos relixiosos na Igrexa de Santa María de Leiro. Acceso desde a rúa mediante unha pequena escalinata de pedra. Construción de planta rectangular de pequenas dimensións coa sancristía acaroada á fachada norte, resolta con muros de cachotería e cantería con cuberta a dúas augas de tella. Fachada sinxela coroada por unha cruz sen imaxes e un pequeno oco de iluminación. Portada alintelada con inscrición e escudo central da familia.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-013)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.646173, -8.795744
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa María de Asados
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura relixiosa
Capela de San Xoán Bautista de Vista Real
Rianxo, San Salvador de Taragoña
Arquitectura relixiosa
Capela de San Xosé da Floresta
Rianxo, Santa Comba de Rianxo