Saltar ao contido principal

Capela de San Xoán Bautista de Vista Real

Capela de San Xoán Bautista de Vista Real - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Inhobre
Outras denominacións
Capela de San Xoán Bautista de Boa Vista
Cronoloxía
1625
Lugar
Iñobre
Concello
Rianxo

Capela reedificada en 1625 sobre outra xa existente, situada no interior dunha finca de grandes dimensións ao sur de Iñobre. En orixe pertenceu ao conxunto do Pazo dos Caamaño ou Pazo de Vista Real.

Construción de planta rectangular, cunhas dimensións exteriores de 6,35 metros de ancho por 8,75 metros de longo. Formada por un único corpo con bóveda de canón e cuberta de tella a dúas augas. Fachada sinxela de portada alintelada e espadana dun só arco coroada por unha cruz sen imaxes.

Aparece documentada, por vez primeira, no ano 1580 (“entre as viñas de Iñobre; en lamentable estado de conservación”), mais foi reedificada pola dona do pazo, Margarita de Mendoza y Sotomayor, entre os anos 1625 e 1645. Na súa frontal loce os escudos dos Sotomayor, Caamaño e Mendoza.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-020)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.669388, -8.824136

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo