- Outras denominacións
- Capela de Nosa Señora dos Milagres
- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- 1972
- Lugar
- Traba
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Pequena ermida construída en 1972 e emprazada na contorna da Igrexa de Santa Baia do Araño, entre os lugares de Traba e A Capela. Planta rectangular formada por dous volumes: un pequeno corpo con cuberta a unha auga de tella e acceso lateral, e un soportal dianteiro con cuberta a catro augas. Baixo o soportal, un altar e un banco de granito, situados fronte á fornela que contén a imaxe da Virxe dos Milagres, a cal é venerada nas Festas dos Milagres, que son as festas grandes do verán en Araño, a comezos do mes de agosto.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-004)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.693494, -8.799360
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Capela de San Xoán da Ermida
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura relixiosa
Capela de San Bartolomeu
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa María de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro