Saltar ao contido principal

Capela de San Bartolomeu

Capela de San Bartolomeu - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: rutadosfaros.gal
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
Porto de Rianxo
Concello
Rianxo

Capela que data do século XVII situada no Porto de Rianxo, vinculada aos señores do Pazo dos Calotes. Orixinariamente situada nun illote que, tras os sucesivos recheos portuarios, foi incorporada a terra firme, reconstruíndose por completo ao trasladala. En 1854 foi refuxio para enfermos do cólera.

Construción de planta rectangular e pequenas dimensións realizada en cachotaría de granito con cuberta a dúas augas de tella. Fachada sinxela con porta alintelada e unha pequena fiestra baixo a espadana dun só arco coroada cunha cruz sen imaxe. Cruceiro no adro delimitado por un muro perimetral de grandes pezas de granito.

Este santo, protector das xentes do mar, era obxecto dun curioso rito por parte dos mariñeiros rianxeiros: o patrón da embarcación cando navegaba á altura da capela, ordenaba á tripulación: Alsa remos, fora boinas, veña un credo, agardando así que San Bartolomeu os provese da súa protección divina.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-016)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.649879, -8.822068

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo