Saltar ao contido principal

Capela de San Xosé da Floresta

Capela de San Xosé da Floresta - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Óscar Franco
Outras denominacións
Capela do Patrocinio
Cronoloxía
1644
Lugar
Rianxiño
Concello
Rianxo

Capela que data do ano 1644, mandada construír polo fidalgo Xacinto Varela Becerra Soutomaior, situada sobre a estrada de acceso a Rianxiño polo oeste, xunto á Casa de San Xosé.

Construción de planta rectangular coa sancristía acaroada a un lateral, resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a tres augas de tella sobre estrutura de madeira. Fachada sinxela con portada alintelada baixo frontón triangular moldurado sobre semipilastras acanaladas. Espadana dun só arco e cornixa horizontal coroada por unha cruz. Fachada lateral con acceso desde a rúa e fiestra abocinada con arco oxival. Nun dos muros laterais podemos ver unha fiestra abucinada con arco oxival. No interior destaca o altar maior, cuberto con bóveda de canón.

A imaxe da Virxe da Guadalupe permaneceu aquí desde 1773, até o seu traslado á Capela da Cruz, hoxe coñecida como Capela da Virxe da Guadalupe no século XIX, por problemas da propiedade do templo.

Na súa fronte conserva dous escudos da familia, os cales recolle Castelao na súa obra. Castelao reinventa o escudo de Galiza escollendo o lema de Denantes mortos que escravos, así como a serea dos Mariño de Sálvora como motivo principal. Un dos escudos que lle serviu de inspiración foi o que aparece na fachada desta capela.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Roteiro Castelao

Festas da Guadalupe

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-017)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.655555, -8.812365

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo