- Outras denominacións
- Casa reitoral de Asadelos
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Séculos XVIII-XIX
- Lugar
- Asadelos
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
A casa reitoral de Asadelos data dos séculos XVIII-XIX e está situada no interior dunha finca de grandes dimensións que rodea á Igrexa de Santa María de Asados. Construción de dous andares e planta en L resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, e cuberta a dúas augas de tella. Patín de acceso ao primeiro andar na fachada nordeste, con balcón coa cuberta de fibrocemento sobre dúas pilastras de granito. Edificacións auxiliares acaroadas á principal, xerando un patio interior, ao que se accede mediante un portón alintelado.
Castelao publica no número 73 de 1930 da revista Nós, a historia que recolle dunha vella de Asados. Conta a lenda que uns ladróns van buscar na noite ao cura á casa reitoral. Queren que lles acompañe ao cruceiro do adro, para poñerlle os sacramentos a unha muller que vai morrer, ou sexa, á que ían asasinar. Ao día seguinte apareceu removida a terra nun curruncho do adro, como se alí soterraran a un defunto aquela noite.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-009)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.677626, -8.788664
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa de Gran Mean Pinal
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Restaurante Bar Ela
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura civil
Casa reitoral de Santa Baia do Araño
Rianxo, Santa Baia do Araño