Saltar ao contido principal

Campo de Abaixo

Campo de Abaixo - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Luís Miguel Bugallo Sánchez
Outras denominacións
Praza Castelao
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Praza Castelao
Concello
Rianxo

O que en Rianxo se coñece popularmente polo Campo está formado por dúas terrazas: a do Campo de Arriba e a do Campo de Abaixo, oficialmente Praza Castelao, e durante o franquismo Plaza del Generalísimo.

Esta praza constitúe hoxe en día o principal punto de referencia de ocio da vila, como lugar idóneo para gozar da celebración de festexos e espectáculos de diversa índole. Dada a súa amplitude e situación privilexiada, a Praza Castelao ou Campo de Abaixo, ao longo do tempo, foi escenario de grandes acontecementos históricos, protagonizados polos mandatarios dos grupos políticos do momento. Lémbrase un acto da Gran Diada Galeguista, que se celebrou en Rianxo o domingo 18 de setembro de 1932, con asistencia dunhas catro mil persoas.

No ano 1972 grávase o documental turístico “Mosaico de Canciones” en diferentes localizacións de Galicia, entre elas no Campo de Abaixo ou Praza Castelao, na que Andrés do Barro estaba acompañado polos grupos de músicos tradicionais Os Rosales de Asados e Os Aires da Nosa Terra de Laíño.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Roteiro Castelao

Andrés do Barro no Campo de Abaixo

La Voz de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.652231, -8.818495

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo