- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Somoza
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Conxunto de vivenda e anexos situados no centro do lugar de Somoza, xunto a un cruce de camiños presidido pola Cruz do Rei. Finca de grandes dimensións con muro de peche de cachotaría de granito, e acceso desde a rúa principal mediante un portón alintelado de madeira, coroado por unha imaxe en pedra dunha virxe. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito con remates en cantaría. Fachada principal ao núcleo, fronte ao portón de acceso á finca, e edificacións auxiliares acaroadas ao muro de peche, xerando un pequeno patio. Composición sinxela das fachadas, con ocos rectangulares e accesos en planta baixa.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-071)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.672027, -8.783684
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casas da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa reitoral de Santa María de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casa do 'Parque de los Patricios'
Rianxo, Santa María de Asados