Saltar ao contido principal

Lavadoiro da Chancela

Lavadoiro da Chancela - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: Elpirata Pontecesures
Lugar
Avenida de Vigo
Concello
Pontecesures

Localízase na avenida de Vigo a un nivel máis baixo que a rúa, polo que se deben baixar unhas escaleiras para acceder a el. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A auga que o abastece procede do rego Salgueirón que pasa ao seu carón. Está todo construído en pedra, ten un tellado cuberto con tella do país e apoiado sobre unha parede ao norte e columnas de pedra ao arredor. A todo o longo do muro pódense observar 9 pedras saíntes onde probablemente se apoiaban os baldes e bañeiras en que se levaba a roupa. A pía mide 8 metros de longo, 3 metros de ancho e 55 centímetros de profundidade. As lousas para lavar sitúanse nos dous lados longos da pía.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Lendo cos pés | CPI Pontecesures

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO 58)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.718905, -8.650823

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo