Saltar ao contido principal

A Fontaíña

A Fontaíña - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Lugar
Porto
Concello
Pontecesures

Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.

A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a subsistencia.

As lendas e mitos son moi abundantes na nosa terra, sobre todo os referidos ao elemento máis importante da nosa vida: a auga. Bouza Brey recolle que “entre os diversos aspectos que presenta a crenza animista das augas, figura a que supón o poboamento destas por seres marabillosos, por xenios de carácter especial que na nosa terra acadan diferencias específicas. Nos nosos relatos tradicionais, cítanse en primeiro lugar os encantos que moran ademais de nas covas ou minas, nas fontes e nos ríos. Estes seres, no sentir dos nosos primitivos, son, en Galicia, homes e mulleres escravizados polo demo, que dispoñen de grandes tesouros, que andan moi ben portados e que non morren xamais; pero sempre están pensando na maneira de que os desencanten e os deixen, unha vez libres do poder demoníaco, vivir entre cristiáns.”

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Os nomes de lugar en Pontecesures. Concello de Pontecesures

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.716250, -8.657311

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo